As EDUSI coma A Estrada Social e Sostible 2020 (AESS 2020) son marcos estratéxicos de desenvolvemento urbano sustentable co-financiados con fondos FEDER ao 80% que só se poden comprender nos marcos que se establecen a nivel Europeo. Neste senso Europa 2020 é a estratexia da Unión Europea para o crecemento e o emprego a largo prazo tomando coma referencia tres prioridades que se reforzan mutuamente:

  • Crecemento intelixente
  • Crecemento sostible
  • Crecemento integrador

Coma resultado da implementación desa extratexia, a Unión Europea márcase uns obxectivos ambiciosos a alcanzar no ano 2020 nos ámbitos do emprego, inversión en I+D+i, educación, enerxía e loita contra a pobreza.

Neste entorno atópanse as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) coma marcos estratéxicos de planificación que trasladan as prioridades de Europa 2020 a entornos urbanos concretos.

A EDUSI de A Estrada (AESS 2020), seleccionada recentemente na primeira convocatoria nacional destinada á concesión de axudas a este tipo de estratexias, elaborouse de forma colaborativa mediante talleres abertos nos que se implicou á cidadanía. Coma resultado se definiron unha serie de vectores estratéxicos con actuacións concretas que responden aos catro obxectivos temáticos definidos a nivel europeo para as EDUSI:

  • OT2: Mellorar o acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e a comunicación.
  • OT4: Favorecer o paso a una economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.
  • OT6: Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia no uso de recursos.
  • OT9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza.

Tomando coma base o traballo feito na definición da estratexia, nos próximos anos lanzaranse actuacións para a transformación social, medioambiental e económica da nosa vila. Sen embargo, AESS 2020 precisa da implicación activa de toda a cidadanía de A Estrada para acadar o seu obxectivo, facer da nosa vila un lugar mellor onde vivir, máis respectuoso co medio ambiente, cun espírito integrador e oportunidades para o desenvolvemento social e económico. Por iso, se sentes que tes algo que aportar a AESS 2020 non dubides en empregar as vías de participación que permaneceran habilitadas:

  • Concurso de ideas para un slogan: iniciativa na que pode participar toda a cidadanía ao inicio do proxecto para definir o lema que representará o espírito de AESS 2020.
  • Embaixadores AESS 2020: iniciativa destinada a organizacións que queiran implicarse en AESS 2020 (haberá un periodo de selección de embaixadores ao inicio do proxecto).
  • Conselleiros cidadáns AESS 2020: iniciativa destinada a toda a cidadanía (particulares e empresas) para facilitar que nos trasladen ideas durante todo o transcurso do proxecto.