Comunicación de información sobre fraudes ou irregularidades que afecten a fondos europeos

Se desexa poñer en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode utilizar a canle habilitada para o efecto polo citado Servizo, e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.

Os aspectos fundamentais da citada canle de comunicación atópanse contidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude.

Con carácter previo á eventual remisión de información pode vostede expor ao devandito Servizo, a través da seguinte dirección de correo electrónico (consultasantifraude@igae.minhafp.es), as cuestións que estime oportunas en relación coa forma e requisitos cos que a información debe ser remitida, o tratamento que se dará á mesma, e, en xeral, calquera aspecto relativo á remisión de información a través da presente canle de comunicación.