eficiente1

OE 4.5.1 – MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE

Dende o exercicio das súas competencias as Administracións Públicas deben de favorecer na cidadanía unhas pautas de mobilidade sustentable que minimicen o impacto ambiental da actividade humana reducindo as necesidades enerxéticas e incentivando o uso das enerxías renovables.

Neste sentido a estratexia expón unha serie de actuacións para mellorar a mobilidade urbana a diferentes niveis: elaborar un PMUS que aborde as problemáticas de mobilidade de maneira integrada e posibles actuacións demandadas pola cidadanía: ampliar a oferta de prazas de aparcadoiro subterráneo, favorecer o aparcadoiro rotatorio en superficie, crear senllas verdes para modalidades de desprazamento respectuoso co medio ambiente (bicicletas, running, cabalo…), mellorar a accesibilidade de edificios e espazos públicos…

OE 4.5.3 – MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

As Administracións Públicas xestionan infraestruturas de todo tipo que teñen asociado un consumo enerxético determinado. No caso do concello da Estrada, a proliferación de infraestruturas antigas que non foron actualizadas favorece que sexan pouco eficientes enerxéticamente. Isto leva elevados custos de mantemento destas infraestruturas e xera un impacto ambiental derivado de soster unha alta demanda enerxética innecesaria.

Por iso articulouse unha liña estratéxica para renovar parte da iluminación pública incorporando luminarias de baixo consumo (tecnoloxía LED) e mellorar a eficiencia enerxética dos edificios públicos con maior consumo e ineficiencia enerxética: instalacións deportivas, edificio municipal.