Estando xa lanzados proxectos claramente identificados na EDUSI AESS 2020 (proxecto cofinanciado nun 80% por fondos FEDER, mediante o POCS 2014-2020) por un importe de máis de 3 millóns de euros, abrimos un novo proceso participativo para implicar de novo á cidadanía nos proxectos que se iniciarán cos restantes fondos dispoñibles na EDUSI (máis de 2,5 millóns de euros) en torno a 5 retos:

  • Reto 1: mellora de servizos públicos ou creación de novos servizos públicos coas TIC (200.000 euros)
  • Reto 2: mobilidade máis inclusiva e sostible (700.000 euros)
  • Reto 3: recuperar e por en valor o patrimonio (500.000 euros)
  • Reto 4: revitalización socioeconómica do rural (400.000 euros)
  • Reto 5: atención a colectivos desfavorecidos e igualdade de oportunidades (900.000 euros)

Ademáis dos límites de orzamento que se plasman en cada reto, o horizonte de execución da EDUSI fai que calquer proxecto non se poida estender máis aló do ano 2022.

Este novo proceso de participación terá tres etapas principais:

  • Primeira ronda de presentación de propostas cidadás do 19 ao 30 de outubro  a través do seguinte formulario web: Formulario de Propostas Cidadás para AESS 2020
  • Mesas de Participación Pública o 5 de novembro no Museo do Moble e da Madeira, nas que representantes políticos, técnicos municipais e representantes da sociedade civil exporán os detalles de cada reto, e debatirán coa cidadanía en torno ás propostas recibidas. Podedes apuntarvos ás Mesas de Participación Pública que desexades enviando un correo electrónico á dirección alcaldia@aestrada.es ou chamando ao número de teléfono 986570030 tendo en conta os horarios das mesmas (Reto 5 de 9:30 a 11:30, Reto 4 de 11:30 a 13:30, Reto 3 de 13:30 a 15:30, Reto 2 de 16:30 a 18:30 e Reto 1 de 18:30 a 20:30). Por motivos de loxística, existe unha limitación de trinta (30) prazas por mesa, as cales cubriranse por orde de recepción de solicitudes. Do mesmo xeito, por motivos de limitación de tempo de duración de cada mesa (2h), realizarase unha votación entre os asistentes en torno as ideas recibidas para centrar o debate sobre as máis votadas, e de forma paralela pasarase un cuestionario ós asistentes para que valoren todas ideas recibidas no marco deste proceso de participación pública.
  • Segunda ronda de presentación de propostas cidadá do 5 ao 14 de novembro, a través do seguinte formulario web: Formulario de Propostas Cidadás para AESS 2020 na que se poderán presentar propostas novas os revisións das anteriores á vista do comentado nas Mesas de Participación Pública.

As propostas cidadás, e as conclusións dos debates realizados nas Mesas de Participación Pública, serán o punto de partida para que os nosos técnicos avalíen a viabilidade e idoneidade de cada proxecto, desenvolvendo tecnicamente as que teñan cabida na EDUSI.

Todas as propostas que teñan encaixe trasladaranse aos órganos de decisión de EDUSI para a súa consideración. En calquer caso, farase público nesta mesma págixa web o resultado do estudio de cada unha das ideas que se presenten, así coma os proxectos que finalmente se vaian a executar. Aínda que unha proposta non teña encaixe na EDUSI, os responsables municipais integrarán nas súas políticas municipais futuras todas aquelas que sexan de interese e reúnan uns mínimos de viabilidade.

Para facilitar a contextualización dos retos, así coma o encaixe de posibles propostas no plantexamento da EDUSI AESS 2020, podedes acceder ao documento da estratexia no seguinte enlace: Documento EDUSI AESS 2020

Igualmente, e a modo de orientación, facilitase un exemplo de proposta de proxecto cos campos requiridos no formulario: Proposta de Exemplo AESS 2020.